AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

21/08/2007

Contar polos dedos (avanzo da Moa nº 24)

Comparte e opina:
O PP, durante os oito anos que estivo na oposición, non se cansaba de dicir que o Concello de Carnota estaba arruinado. Durante a campaña un dos seus eixos principais foi dicir que o Concello estaba arruinado. E cando acadou á alcaldía, segueu co mesmo conto. A calquera que lle entra pola porta o primeiro que lle di é que o Concello de Carnota está arruinado. Di que está arruinado pero non di por qué, e é que as cifras non son o seu.

Será que o Concello non ten cartos? O Goberno saínte deixoulle 147.000 euros montantes na caixa. Será que os proveedores non cobraban cunha relativa regularidade? Cando menos non deixamos xerada unha alarma de falta de pago como o PP deixou hai 8 anos. Será que o Concello ten unha cantidade de débedas que non poida asumir? O Consello de Contas de Galiza, que é o máximo órgano fiscalizador dos concellos, puxo ao Concello de Carnota como un dos exemplos galegos de boa xestión financieira, tal e como foi publicado na prensa. Tamén é curioso o feito de que no PP trataran de vetar os orzamentos máis inversores da nosa historia, os deste ano.

Parécevos esta a situación dun "concello arruinado"? Nós, que aínda entendemos algo de números, cremos que non. A que se debe logo tanta insistencia? Se cadra o alcalde está convencido de que cando unha mentira se repite cen veces convírtese en verdade. Pero todos sabedes que unha mentira repetida cen ou mil veces segue a ser unha mentira.


Non temos por costume entrar a comentar chascarrillos sen importancia se non tivera un trasfondo de extrema gravidade. Ao longo de toda a súa carreira política o Sr. Oreiro non se caracterizou por estar forte en contas e en números, precisamente. E para facer unha xestión eficaz dos cartos no Concello hai que ter rixe e control: hai que saber algo máis que contar polos dedos e andar aos contos nas corredoiras.


Evidentemente estamos diante dunha estratexia disuasoria. Moito nos tememos que á volta dun ano ou dous se comece a producir unha situación financeira grave no Concello de Carnota como xa pasara hai 8 anos. Están a tempo de levalo ben, asumindo e continuando o traballo de anos do BNG para dar levantado a situación económica verdadeiramente crítica que nos atopamos ao chegar ao goberno no ano 99.


Se non o fan será única e exclusivamente por responsabilidade súa. E que non lle queiran cargar o morto a outros.
Etiquetas: , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: