AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

29/08/2007

Tomás Freire sufre un accidente de tráfico

Comparte e opina:
Na noite de onte, o portavoz municipal do BNG e actual líder da oposición Tomás Freire sufriu unha severa colisión fronto-lateral con outro vehículo á altura de Esteiro, cando se dirixía ao seu fogar.

A pesar da aparatosidade do accidente, que mesmo requeriu a intervención dos bombeiros para extraelo dos restos do seu automóbil, afortunadamente o noso compañeiro non sufriu maiores danos que unha fractura no fémur dunha perna e lixeiras contusións. Está prevista a súa intervención ao longo do día de hoxe, mais a súa situación está fóra da gravidade.

Desde o BNG de Carnota, unha forte aperta e todo o noso ánimo ao noso compañeiro Tomás, coa firme seguridade de que axiña estará de novo ao noso lado.

Sobrecolledora imaxe do vehículo de Tomás despois do impacto. Fonte: A Voz



Lugar da colisión, na entrada de Esteiro
Etiquetas:

Hai unha opinión.

  1. [Actualización a día 1 de setembro de 2007] O noso portavoz foi intervido finalmente na tarde do pasado día 30 de agosto, con resultados satisfactorios. Tomás Freire quere aproveitar este espazo para transmitirvos unha mensaxe de tranquilidade, e agradecervos de corazón todas as mensaxes de ánimo que lle fixéstedes chegar.

    ResponderExcluir

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: