863 voces silenciadas

Publicado ás 17:47h, en , , | Ver

Os concelleiros do Grupo Municipal do BNG de Carnota compareceron hoxe no pleno extraordinario municipal portando camisolas co texto "863 voces silenciadas" (en referencia aos votos que obtivo o BNG nas últimas eleccións municipais) e as bocas tapadas con esparadrapo coas siglas "PP", sendo ao pouco tempo expulsados polo alcalde José Oreiro, tal e como acontecera no último pleno da vergoña.

O BNG protestou deste xeito polo recurte das liberdades democráticas na vida política de Carnota desde que o PP accedeu ao poder: Negativa absoluta a facilitar todo tipo de documentación da entidade local, obstaculización das mocións e propostas do BNG, redución dos plenos ordinarios ata rozar a ilegalidade, incremento das sesións extraordinarias (onde non se permite á oposición presentar mocións nin rogos e preguntas), e por último a expulsión dos concelleiros do BNG do pasado pleno ordinario por difundir entre a veciñanza datos recollidos literalmente da proposta orzamentaria municipal para o 2009, un documento que é oficial e público.

En efecto, o BNG interpreta estes gravísimos feitos como unha demostración do despotismo do goberno municipal do PP (co silencio cómprice do PSOE) contra os tres concelleiros do BNG, e o que é máis grave, contra os 863 veciños que avalaron nas urnas o noso proxecto e aos que representamos estemos no goberno ou na oposición. Se nos calan a nós cálanos a eles.


9 comentarios:

  1. Anônimo on 28/5/09 18:54

    Incrible!!!!
    The show must go on......Desdemocracia!!!!!!

     
  2. Anônimo on 28/5/09 23:30

    Solidarízome cos veciños carnotáns que sofren a este impresentable do pp.

     
  3. Anônimo on 29/5/09 00:34

    Este aínda é peor que o común do PP (que xa é desir), ademais de ladrón antidemócrata.

     
  4. Anônimo on 29/5/09 20:25

    Algo fariades tendo en conta que o pobo soberano non quixo un alcalde do bng nas ultimas eleccions. Catro anos xa foron moito. Nas proximas hanvos botar todos os viciños, pero con b

     
  5. Ánimo, que falta fai on 29/5/09 22:21

    Por sorte o sentir do anónimo anterior non é o sentir maioritario. Porque a maioría síntese enganada por tanta falsa promesa, porque prometer Oreiro prometeu ata darlle choio aos gatos.

    Agora xa se ve o que había: tres patrocinadores con cartos, un candidato sen escrúpulos e centos de veciños enganados para que votaran unha soberana MENTIRA e que agora están indignados porque Carnota leve 2 anos hipotecado para pagar favores e salarios de peperos.

    O BNG vai volver a gobernar, todo o mundo o sabe (menos os que siguen vivindo na caverna PePera). Eu só espero que non tropecen no furado en que vai quedar convertido o concello de Carnota, porque está ben claro quen defende os veciños e quen defende unicamente os cartos que rouban.

    A todo isto, alguén sabe onde está o PSOE?

     
  6. Anônimo on 30/5/09 12:29

    Dios che oia.
    O PSOE? Pois anda por aí, existindo.

     
  7. Anônimo on 30/5/09 17:11

    O que pasa en Carnota non pasa en ningún lado.
    ImPPresentables!
    Dádelle caña!

     
  8. Anônimo on 1/6/09 15:46

    Oreiro xa conseguiu o que quería, pode falar el só, amedrentando os veciños, expulsando o BNG, deixando andar o PSOE e dandolle palmadiñas na espalda ó seu comité de mudos e chuPoPteros. A doma e castración de Carnota xa está completa.

     
  9. Anônimo on 4/6/09 01:07

    Longa noite de pedra... canto falta para as eleccions?

     

    Ler máis...

    Arquivo

    Categorías