Ligazóns relacionadas
Dos concellos integrados na Mancomunidade Serra do Barbanza, que xestiona a planta de Servia (Lousame) na que se trata o lixo de numerosos concellos da nosa zona, Carnota vai ser un nos que, xa de xeito oficial, vai intervir a Xunta de Galiza para garantir os pagamentos á entidade.
O anuncio chegou hoxe mesmo de man do seu presidente, Santiago Freire, que anunciou que as inxentes cantidades adebedadas por varios concellos -entre os que cita a Carnota en lugar destacado- o obrigaron a pedir a mediación do goberno galego, pois de seguir nesta dinámica «a mancomunidade acabará asfixiada» e mesmo estaría en perigo a súa viabilidade.
Esta drástica medida, que se aplicará desde este mesmo momento, implicará que cada trimestre a Xunta reterá directamente do erario do concello de Carnota determinadas contías, para ir asi facendo fronte á débeda acumulada, que se situaba a mediados de xaneiro en arredor de medio millón de euros.
O BNG de Carnota quere amosar a súa total preocupación pola inercia que tomou o concello de Carnota, que segue afanado exclusivamente en inflar os soldos dos políticos e sicarios do PP, xusto nun momento económico e social crítico que esixe desesperadamente adoptar medidas de contención, comezando por recobrar a cordura e retornar a retribucións salariais similares ás que o goberno de Carnota percibía no ano 2007, coas pertinentes actualizacións anuais. Do contrario, unha medida tan drástica coma a anunciada hoxe soará a broma con respecto do que pode vir a continuación.
O PP debe tomar dunha vez a determinación de comezar a gobernar, pois o único ao que se limitou en case tres anos de mandato foi pedir créditos, executar algúns dos proxectos que o BNG deixara xestionados e, por suposto, apañar inxentes cantidades de euros -e medrando- para eles e para o pago de favores aos seus sicarios políticos. E se ben isto xa é reprobábel nunha situación normalizada, na situación crítica que vivimos tórnase suicida.
18 comentarios:
-
Anônimo
on
27/2/10 16:26
Máis por Carnota, desían. A saber a cantos non engañaron, por sorte o tempo pón a cada un no seu sitio, e o sitio que lle corresponde a estes corruptos que nin politicos merecen chamarse é MARCHAR PRA AS SUAS CASAS.
-
Anônimo
on
27/2/10 17:03
SON UNS ASKEROSOS
AS MANS FORA DA CAIXA, TREPPAS!!!!! -
Anônimo
on
27/2/10 17:41
Si o pouco cidadán carnotán tivese traballo, pois os impostos chegarían para encher as arcas. o carallo e que a oportunidade de crear emprego xa pasou, e sobre todo neste axuntamento, e o traballo irá a menos. Agora haberá que poñer patacas e promocionalas en caldeirada. Ou mellor que o ano que lle queda de mandato o governo actual ou ó que veña, e esprimir os sesos, e así igual cosechamos arroz, para logo enlatalo con cigalas.
-
Anônimo
on
27/2/10 21:20
Triste pero certo, xa o vin na Voz de galicia hoxe, menudo escándalo. E aínda terán semejante morro de botarlle tamén a culpa ó BNG oh, senon xa veredes.
Pallajeiros! -
Anônimo
on
28/2/10 16:00
Pois eu as facturas págoas todas.... Quen se quedará cos meus cartos? Oreiro? Marisol? Alfredo? Á filla de Daniel? Teño curiosidad por sabelo máis que nada, non se pode averiguar? Saludos
-
Anônimo
on
28/2/10 17:35
que verjonsa...eu non sei como saen todos os días da casa...e con esa cabeza tan alta...PATÉTICO!!!!!!
Pero estanos moi ben...por seremos uns fachas de mierda toda a puta vida...porke ninguen os votou pero ahí están...
RIDICULO...
Askeame ser de Carnota ahora mismo... -
Anônimo
on
28/2/10 19:44
A estes cuatreros Carnota é o que menos lle importa do mundo.
Resulta que eu pensaba que pagaba o lixo, e o que estou pagando son os soldos de esa basura humana. -
Anônimo
on
28/2/10 23:47
deixei de dar o meu voto fai tempo,porke pa min os k se dedican a politica son todos ijuales.nin estes o fan ben ajora nin os k tiveron antes tampouco ehh.ke o bng e o psoe non estiveron ai por amor o arte.carnota esta arruinada de ai muitos anos non de ajora
-
Anônimo
on
1/3/10 10:56
Pois eu vou votar ó bloque, porque entre o cuatrero de Oreiro e os seus barrigas-agradecidas, ou o vendedor de postos de traballo invisibles de Campitos, prefiero ó bloque.
¡¡¡¡ADIANTE BNG!!!! -
Anônimo
on
1/3/10 18:53
Sin duda este é o PEOR governo da historia de Carnota con MUITA DIFERENCIA.
Oreiro vai ter o "honor" de ser o primeiro Alcalde de Carnota que levou o Concello á Bancarrota. -
Anônimo
on
2/3/10 18:15
Oreiro muito criticaba cando estaba na oposision, ela mais Marisol, agora xa esta ben todo. Prometian austeridade, e estamos empeñados. Onde esta o resultado de tanto carto invertido? medio quilo non fui o que gastaron en por tuberias dunha empresa privada no pindo? a crisis non existe, é o pp, eles mailo seu enchufismo e prepotensia
-
Anônimo
on
2/3/10 19:26
Vanse enterar estes ladróns. Pénsome encargar personalmente de que de toda a miña familia non se escape nin un solo voto para estes crápulas. Que hai moito despistado que ainda vai picar de novo. NUNCA MAIS PP. NUNCA MAIS OREIRO!!!!!
-
Anônimo
on
4/3/10 10:51
Pois eu si Campitos da postos de traballo vouno a votar porque en vez de estar comendo como os de oreiro e facendo demagoxia barata como neste momento estades facendo, penso que é a medida mais eficiente e interesante para o Concello de Carnota. Aqui temos que actuar nun conxunto polos bens de Carnota e actuar e sair nos periódicos...non a facerse o cultureta nun foro..
-
Anônimo
on
5/3/10 00:27
O que faltaba por oir. Pois como jane Campitos si que imos amañados, o único que vai poder quedar en Carnota será o que venda as maletas para marchar o resto.
-
Anônimo
on
5/3/10 00:36
Por serto, para vir aqui desir que o que fai o bloque é ''demagoxia barata'' mentras que alaba o que fai Campos, vendedor profesional de motos ou de fume mellor dito, xa hai que ter collóns.
-
Anônimo
on
7/3/10 16:35
A ver se gana o BNG! Animosss!
-
Anônimo
on
18/3/10 11:52
Deixádeo en paz, Oreiro é un as das finanzas... lembrade que "Quien roba poco es ratero, y quien mucho, financiero".
-
Anônimo
on
5/9/10 22:51
... foron elexidos directamente e democraticamente polo pobo, ademais pola segunda vez!!! Ou a xente è masoquista, ou non vos queren a vos, ou non hay mais donde escoller ... que tristeza! Creo que todos vos tendes que preguntar que pasa, dentro e fora da propia casa!






Postar um comentário
Déixanos aqui os teus comentarios.