AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

20/10/2010

A ruina do concello de Carnota pon en perigo o servizo de recollida de lixo

Comparte e opina:
As débedas de varios concellos, destacando os 725 mil euros do executivo carnotán, sitúan ao borde do abismo a planta de tratamento de residuos máis eficiente do estado español

Representantes do BNG dos nove concellos que in­tegran a mancomunidade Serra do Barbanza (Ames, Brión, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Pontecesures, Porto do Son e Rois) re­uníronse en Noia para reivindicar a viabilidade económica e ambiental do plan­ta de Lousame, así como a súa aposta decidida polos sistemas de compostaxe para a xestión dos lixos, cuxo excelente funcionamento no caso de Servia o levou a obter diversos recoñecementos.

De feito, todas as comparativas deixan en moi mal lugar a SOGAMA, o buque-insignia do modelo de xestión de residuos do PP: Servia é un 30% máis barato, contamina menos, recicla máis e mellor e tamén xera máis postos de traballo. Tal vez isto explique o empeño do PP en tratar de dificultar a súa supervivencia, sexa a nivel Xunta ou concellos: Servia é a demostración de que a súa política de xestión de residuos é un rotundo fracaso.

Os nacionalistas pedí­ronlles aos concellos que te­ñen débedas contraídas coa mancomunidade que as paguen canto antes para non pór en perigo a via­bilidade da planta, tras o que sinalaron os gobernos de Ames e Carnota como os principais culpábeis do problema.

Ademais, o BNG amosou todo o seu apoio ós 150 traballadores da planta, que onte emprenderon unha marcha hacia Santiago para defender a continuidade da planta e pedir que a Xunta se implique.

Euloxio Franco pregúntalle ao PP "onde están os cartos dos veciños"

O caso de Carnota é espeluznante, pois a pesar de ser o segundo municipio máis adebedado con 725 mil euros, duplica ao primeiro, Ames, en débeda por habitante. A este ritmo, calculamos que o Concello de Carnota adebedará a final de lexislatura un millón de euros.

O concelleiro do BNG de Carnota Euloxio Franco afirmou que os veciños de Carnota pagamos relixiosamente a taxa do lixo, o problema é que eses cartos nunca chegan ao seu destino, polo que lle pregunta ao alcalde "onde están os cartos dos veciños", e avisa que "antes ou despois, queiran ou non, vaise saber que fixo o PP de Carnota con 120 millóns das antigas pesetas que os veciños pagaron pensando que ían para a recollida do lixo".

O edil nacionalista advirte de que, de seguir asi, "só será cousa de tempo ver por primeira vez en Carnota imaxes de bolsas de basura amoreadas na rúa durante días". "Creo que dentro de poucos meses os veciños de Carnota imos ter moito que varrer, en todos os sentidos", sentenciou, ironizando sobre a proximidade das eleccións.

Etiquetas: , , , , , ,

Hai unha opinión.

  1. a foto que está cada vez máis cerca é a de oreiro entrando no juzgado cas mans nas espaldas

    ResponderExcluir

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: