AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

26/05/2005

Gran Cruzada Homófoba

Hai que andar espantados ante a terríbel cruzada homófoba que se está desatando no Estado español. Xa de sempre lembramos as declaracións de Fraga ao respeito, normais vindo dun ex-dirixente da ultra-dereita fascista pero lamentábeis vindo do actual presidente de Galiza e incluso dos galegos que son homosexuais (por moito que lle pese). Tamén son ben coñecidas as posturas oficiais da Igrexa católica, para os que os homosexuais son "indignos da salvación".Pero a histórica aprobación da maioría dos partidos do Congreso da Lei pola que se aproba o matrimonio homosexual desatou unha ira anti-homosexual sen precedentes en democracia. As faccións da dereita máis fanáticas e reaccionarias (e que por desgracia recuperaron o control absoluto do PP en poucos anos) chaman á desobedencia dos alcaldes e edís para que se neguen a casar gais e lesbianas. Inmediatamente altos cargos populares quítanse a carauta erixíndose en homófobos convencidos, a prensa afín ao PP maniféstase de forma vergonzosa (na viñeta de abaixo publicada en "El Correo Gallego" tedes un bó exemplo), e incluso aparecen organizacións misteriosas chamando á rebelión popular contra a lei que equipara aos heterosexuais con lesbianas e gais. É vomitivo un anuncio clamando á reacción homófoba que "El País" permitiu publicar recentemente a unha misteriosa organización chamada "Asociación de Padres y Madres de España", expoñendo de paso que "seguirán" (sic) extendendo o SIDA, que España se convertirá nunha caste de picadero para os homosexuais de todo o mundo ou que os nosos fillos "os acabarán vendo como persoas normais".Todos e cada un deses feitos merecen a máis rotunda das nosas repulsas, e instamos ás autoridades a que erradiquen firmemente esta violación sistemática dos dereitos máis básicos dun sector social xa históricamente discriminado. E ao PP, tan dado a condenar o terrorismo vasco, esixímoslle cando menos a mesma efusión condenando o odio contra os homosexuais que actualmente fomenta. Non son enfermos, nin provocadores, nin desviados, nin están "equivocados de beirarúa". Son persoas.
Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: