AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

20/07/2006

O concello de Carnota sufre un novo atentado forestal

Comparte e opina:
Un ano máis, Carnota volve a ser punto de atención nacional con motivo dun grave incendio que asolou Mallou, Maceiras e Sofán. Con especial indignación vivimos o descorazoador primeiro incendio do ano no concello de Carnota, que ademáis foi o primeiro grande incendio do ano en Galiza, e que mesmo provocou o nivel de alerta máxima.

Poucos dubidan xa da intencionalidade do incendio, ao seren detectados cinco focos de lume ao longo da mesma pista forestal. Veciños do lugar mesmo aseguran ter visto, pouco antes do incendio declarado ás 22:45 horas do pasado domingo día 16, un automóbil circulando pola dita pista.
Inmediatamente activouse un espectacular dispositivo que, nalgúns momentos, chegou a ter mobilizados no lugar catro helicópteros, dous hidroavións, nove motobombas, ata dez cuadrillas de extinción e varios axentes forestais. Tan intenso dispositivo non foi suficiente para evitar a calcinación de ao redor de catrocentas hectáreas da área situada entre os montes de Mallou e Lira, das que boa parte eran zonas arboradas e mesmo zonas afectadas por inxentes plantacións de especies autóctonas que tamén se viron arrasadas.

O pasado mércores día 18, cando xa se daba o incendio por controlado, produciuse unha reactivación que colleu por sorpresa aos medios de extinción e aos veciños de Mallou e que achegou as lapas a poucos metros das casas, se ben foi detido pola decidida actuación veciñal coa afortunada axuda dun cambio do vento. O incendio foi finalmente controlado polo dispositivo de urxencia activado polo Concello.


Poucas horas máis tarde o vicepresidente da Xunta Anxo Quintana, acompañado polo Conselleiro do Medio Rural Suárez Canal, persoáronse na zona para comprobar a gravidade dos efectos deste sobrecolledor incendio, que durante varios días mantivo a boa parte de Galiza en vilo.


Que podemos dicir, alén de manifestar a nosa indignación e rabia contida ante este novo acto de terrorismo forestal. Facemos nosas as palabras de Anxo Quintana, e declaramos a guerra aos pirómanos. Tamén Suárez Canal lembrou a necesidade dunha incondicional colaboración de todos os estamentos sociais contra os delincuentes que ano tras ano nos golpean no máis fondo dos nosos corazóns. A colaboración cidadá é imprescindíbel para poñer freo a esta barbarie. Polo noso futuro e o das xeracións vindeiras.
Etiquetas: , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: