AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

13/07/2006

Posíbel delito ecolóxico de Conservas Carnota S.A.

Ante o alcance dalgunhas acusacións contra o Concello a respecto dos gravísimos verquidos detectados recentemente na depuradora da conserveira de Lamas de Castelo, a Concellaría de Medio Ambiente transmítenos un resumo das medidas tomadas ao respecto polo goberno municipal no transcurso do ano 2006.

6 febreiro: A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Carnota remite un fax a Augas de Galiza denunciando un verquido contaminante continuado e solicitando unha inspección do estado da depuradora da fábrica de Conservas Carnota S.A. (pertencente ao grupo conserveiro catalán DANI).
7 de abril: Ante a ausencia de resposta, o Concello volve a poñerse en contacto con Augas de Galiza para reiterar a necesidade da dita inspección.

11 de abril: Primeira resposta de Augas de Galiza, informando das medidas adoptadas.


6 de xullo: Ante o aviso veciñal de gravísima contaminación na canle de Carrofeito, que provoca a morte masiva de miñoca, poliqueto, camarón, cangrexo e alevíns de distintas especies, o Concelleiro de Medio Ambiente Xosé Domínguez pon o caso en coñecemento do SEPRONA (Servizo de Protección da Natureza) que se presenta de inmediato no lugar para comprobar a gravedade dos feitos; abre dilixencias.


7 de xullo: O Concello de Carnota trata de poñerse en contacto coa dirección do grupo DANI en Catalunya. A empresa compromete unha resposta para o día 10 de xullo.


10 de xullo: O Concello de Carnota recibe unha comunicacación dun intermediario do grupo de conservas DANI. Informa de que a direccion non tiña constancia da avería da depuradora nin dos verquidos producidos pola fábrica de Carnota. Porén promete informar ao director da empresa, Daniel S. Ante o potencial perigo para os usuarios da praia, e á espera de resultados concluíntes das análises da calidade da auga que se están a realizar, o alcalde de Carnota Xosé Manuel García ordea instalar avisos do risco de bañarse na canle de Carrofeito. O alcalde entrevístase inmediatamente cos delegados de Sanidade e Medio Ambiente para esixirlles a toma de medidas urxentes para resolver a situación.


12 de xullo Denuncia contra o xerente de Conservas Carnota S.A. Juan Gil Requejo por posíbel delito ecolóxico e contra a saúde pública.


Por outra parte, hoxe mesmo terá lugar unha comisión de goberno na que se tratará este asunto. Está prevista tamén a vindeira celebración dun Pleno Extraordinario municipal, tal como solicitaron algúns veciños.


Por tanto e á vista dos datos, o BNG de Carnota manifesta o seu total apoio ao grupo de goberno municipal e en especial ao alcalde e ao Concelleiro de Medio Ambiente, que actuaron correcta e prudentemente aínda dentro da gravidade e rapidez do ritmo dos acontecementos. Se ben entendemos a preocupación dos veciños por estes feitos e as posíbeis repercusións que puidera ter para a saúde pública especialmente nas zonas de baño afectadas, condeamos firmemente porén todo intento de manipular intencionadamente os feitos para facer uso político destes graves verquidos contra os membros do goberno municipal.
Etiquetas: , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: