AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

15/05/2015

A mocidade terá un centro xuvenil en Pedramarrada e un festival de rock

A aposta do Concello de Carnota pola cultura e a mocidade reforzarase na vindeira lexislatura cunha serie de actuacións que xa está a concretar coa mocidade activa do Concello.

O edificio de Pedramarrada albergará un Centro Xuvenil se a Xunta non nos devolve o Centro de Día

A proposta máis notábel será a creación dun Centro xuvenil en Pedramarrada, no edificio hoxe en desuso do Centro de Día. No caso de que a Xustiza non revirta o discutido traslado deste servizo ao veciño concello de Muros imos destinar este edificio a Centro Xuvenil en acordo con varios colectivos, un lugar onde a mocidade do Concello poida reunirse e organizarse, e dispoña dunhas instalacións con conexión a Internet, ludoteca, biblioteca xuvenil e local de ensaio, entre outros servizos.

A intención é que esta nova instalación non sexa un contedor pechado senón que teña unha dinámica propia e que a mocidade non só sexa usuaria senón peza clave do seu funcionamento, para que o centro se adapte ás necesidades da xente nova e se convirta nun verdadeiro epicentro cultural xuvenil do Concello.

Arrincadeira devolverá o rock e a festa aos nosos veráns

Logo de varios veráns sen un festival estival no noso Concello, cubrirase este oco co Arrincadeira, un novo festival de música rock e galega que ademais de buscarse un oco no apretado panorama festivaleiro galego dará a coñecer o puxante tecido musical do noso municipio, conformado por bandas como Tan Totem, ou Animal Soul entre outros. Eles mesmos serán os auténticos protagonistas e non só no escenario, pois ocuparanse da organización e serán os máximos beneficiarios deste festival.
A iniciativa xa conta con perfil nas redes sociais Facebook e Twitter onde en breve comezará a súa difusión.

Por fin haberá unha Escola Municipal de Teatro

Unha das actividades culturais máis demandadas por fin será realidade, e formará a novas fornadas de actores nun Concello que tradicionalmente produciu grandes estrelas dos escenarios coma Miguel de Lira e César Cambeiro.
Etiquetas: , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: