AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

04/05/2015

Presentouse ante a veciñanza a candidatura do BNG de Carnota

Comparte e opina:
Nun acto ateigado de veciñanza ata o aforo máximo que se podía dispoñer no restaurante A Morosa, no que o bo humor e a ilusión caldeou o ambiente, foi o propio candidato Moncho Noceda quen exerceu de mestre de cerimonias, comezando por nomear os 21 homes e mulleres que serán as caras visíbeis deste proxecto.

O aspirante a revalidar a alcaldía transmitiu que o proxecto de goberno do BNG seguirá na liña da transparencia, a honradez e a participación veciñal. Para poder levalo a cabo, é necesario que o BNG conte co suficiente apoio veciñal para gobernar sen ataduras nin chantaxes de ninguén, só mirando os intereses veciñais.

Neste senso, e dado que resulta máis que probábel a existencia dun pacto PP-PSOE para desprazar ao BNG do goberno, Noceda animou a traballar con ilusión e forza para convencer á xente de que o 24 de maio confíen maioritariamente nun proxecto que servirá para consolidar a idea dun concello xusto, democrático e transparente, pensado por e para a xente.

Bieito Lobeira, secretario de organización do BNG, quixo acompañarnos neste acto, e tras bromear sobre a súa envexa sana da veciñanza de Carnota, expresou que tantos anos de traxectoria servíronlle para saber que onde hai alguén do BNG de Carnota hai un nacionalista de verdade, que o é polas súas ideas e non por oportunismo, e que se debe aos intereses do seu pobo e non a ningún outro.

Asembleas veciñais en Panchés, Pedrafigueira e coa Carnota emigrada

Ademais esta fin de semana serviu para continuar coa rolda de Asembleas Veciñais, que se achegaron a Panchés, Pedrafigueira e tamén á veciñanza emigrada. Foi esta última unha iniciativa pioneira coa que se tenta aproveitar a vasta rede de contactos das redes sociais para convidar á "Carnota emigrada" a participar nun encontro en directo cos candidatos Moncho Noceda e Iván Franco. Sendo a primeira vez, os problemas técnicos dificultaron o desenvolvemento desta Asemblea, se ben a idea demostrou ser un potencial revulsivo na comunicación coa xente que está fóra, que por esta canle ademais de observar e escoitar pode participar, polo que a experiencia convida a repetila e mellorala en futuras ocasións.

Derradeiras Asembleas en Canedo e Louredo antes do arranque oficial da campaña

O encontro co pobo de Canedo terá lugar o martes a partir das 20h no Parque Infantil, e despois estaremos en Louredo (San Mamede) o mércores6 de maio ás 20:00h. Con esta rolda de en total 17 xuntanzas abertas o BNG quixo rendir contas ante o conxunto da veciñanza do inxente traballo desenvolvido desde o goberno municipal nestes catro anos, e recoller as propostas de cada núcleo e de cada colectivo a un programa de goberno 2015-2019 construído pola xente e para a xente, que xa estamos a ultimar para presentar en sociedade canto antes, coa convicción de que toda a poboación se sentirá dignamente representada por este proxecto e polo equipo que propoñemos para levalo a bo porto.

Agradecemos a gran implicación veciñal neste proxecto.
Etiquetas: , , , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: