AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

30/04/2015

Un grupo local loita por estar no Festigal: Apoiémolos!

Formación de Coso Carnóbrigo
Facemos un alto no noso camiño hacia as urnas para divulgar o proxecto musical de 3 rapaces e unha rapaza do noso Concello que están loitando por un lugar no escenario do Festigal, un dos cenarios clave da axenda musical galega que se celebra o 24 de xullo, vésperas do Día da Patria, no Campus Sur compostelán.

Este festival convocou un concurso de novas promesas musicais vía Facebook no que está ben situado Coso Carnóbrigo (Coso da fortaleza de pedra), un grupo de folk-metal, como se autodefinen, composto por Roldán Figueira, e Antón Beiro ás guitarras, Kiko Figueira na batería e Paula Teixeira no micro. Polas súas veas corre sangue carnotá e ademais actúan en galego polo que vos pedimos que compartades no voso perfil de Facebook o seu single de presentación, adianto do disco Sacrificial que están a preparar, pois é a única forma de que o voso apoio sexa compatibilizado pola organización do Festigal. Nós non temos redes clientelares pero temos unha vasta rede de amizades que de seguro axudaremos a conseguir que que antes incluso do lanzamento do seu primeiro disco estes rapaces poidan darse a coñecer nun escenario tan privilexiado do panorama nacional e seguir facendo País a través da súa música.

Instrucións para votar. Só leva uns segundos!
O video de presentación non ten moita calidade pero é suficiente para descubrir a potencia desta xente. Se desexades escoitar unha versión máis limpa colgámola con permiso dos autores aquí:



Se desexades falar con eles ou contratalos podedes facelo en coso.carnobrigo@gmail.com ou nos teléfonos 677 811 097 e 677 102 742.
Etiquetas: , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: