AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

15/04/2015

O BNG de Carnota remata a lexislatura con unha nova rolda de Asembleas Veciñais para dar conta da súa xestión e recoller achegas ao Programa

O BNG de Carnota esgota a lexislatura 2011-2015 tal e como a comezou, cumprindo o seu compromiso de participación e transparencia na acción de goberno e que o levou a desenvolver unha trintena de Asembleas Veciñais e Sectoriais durante este mandato. Para iso, imos desenvolver ao longo deste mes unha última xeira de Asembleas Veciñais polas distintas localidades para dar conta da súa acción de goberno e tamén recoller as propostas veciñais ao novo programa que agardamos poder desenvolver entre os anos 2015-2019.

Ademais, por primeira vez e de xeito pioneiro, vai a desenvolver unha Asemblea vía streaming dirixida á Carnota emigrada, é dicir, a toda a xente que sendo natural de Carnota tivo que sair a buscarse a vida polo mundo, pero seguen tendo moito que dicir.

Asemblea veciñal: Non ao tanque de Gas Natural xunto ao Colexio de Carnota
A veciñanza do núcleo no que se radica a Casa do Concello e boa parte dos servizos municipais terán a súa Asemblea Veciñal o xoves 16 de abril ás 17:00h.


Xoves ás 17h en Carnota Asemblea Veciñal para explicar o proxecto e presentar alegacións.

Posted by Bng Carnota on Domingo, 12 de Abril de 2015



Asemblea veciñal de Lariño
A veciñanza de Lariño e a Gándara terán a súa Asemblea Veciñal o venres 17 de abril ás 19:00h no Centro José de Torea.

Lembrade que este venres 17 ás 19h no Centro José de Torea de Lariño, haberá unha asemblea veciñal para dar contas da xestión municipal estes 4 anos e recoller propostas da veciñanza ao programa.

Posted by Bng Carnota on Mércores, 15 de Abril de 2015



Asemblea veciñal de Adraño
A veciñanza dos núcleos sitos máis no interior terán a súa Asemblea Veciñal o sábado 18 de abril ás 17:00h diante da cooperativa de Adraño.

A veciñanza dos núcleos sitos máis no interior terán a súa Asemblea Veciñal o sábado 18 de abril ás 17:00h diante da cooperativa de Adraño.

Posted by Bng Carnota on Mércores, 15 de Abril de 2015



Asemblea veciñal de San Mamede
A veciñanza de Louredo, Canedo, O Viso, As Cruces, Parada, Cornido... terán a súa Asemblea Veciñal o sábado 18 de abril ás 19:00h na Escola infantil do Viso.

A veciñanza de Louredo, Canedo, O Viso, As Cruces, Parada, Cornido... terán a súa Asemblea Veciñal o sábado 18 de abril ás 19:00h na Escola infantil do Viso.

Posted by Bng Carnota on Mércores, 15 de Abril de 2015



Asemblea veciñal de Santa Comba de Carnota
A veciñanza do núcleo no que se radica a Casa do Concello e boa parte dos servizos municipais terá a súa Asemblea Veciñal o domingo 19 de abril ás 17:00h na Casa do Concello de Carnota.

A veciñanza de Santa Comba de Carnota, xunto con Pedrafigueira, Pedramarrada..., terán a súa Asemblea Veciñal o domingo 19 de abril ás 17:00h na Casa do Concello.

Posted by Bng Carnota on Mércores, 15 de Abril de 2015



Asemblea veciñal de Mallou
A veciñanza das poboacións de Mallou e Maceiras terán a súa Asemblea Veciñal o domingo 19 de abril ás 19:00h.

A veciñanza das poboacións de Mallou e Maceiras terán a súa Asemblea Veciñal o domingo 19 de abril ás 19:00h.

Posted by Bng Carnota on Mércores, 15 de Abril de 2015



Asemblea veciñal de Caldebarcos
A veciñanza de Caldebarcos terá a súa Asemblea Veciñal o xoves 23 de abril ás 19:30h na Escola Infantil.

A veciñanza de Caldebarcos terá a súa Asemblea Veciñal o xoves 23 de abril ás 19:30h na Escola Infantil.

Posted by Bng Carnota on Mércores, 15 de Abril de 2015



Asemblea veciñal de Lira
A veciñanza de Lira terá a súa Asemblea Veciñal o venres 24 de abril ás 20:00h.

A veciñanza de Lira terá a súa Asemblea Veciñal o venres 24 de abril ás 20:00h.

Posted by Bng Carnota on Mércores, 15 de Abril de 2015



Asemblea veciñal do Pindo
A veciñanza da parroquia do Pindo terá a súa Asemblea Veciñal o domingo 26 de abril ás 17:00h no Colexio Público da localidade.

A veciñanza da parroquia do Pindo terá a súa Asemblea Veciñal o domingo 26 de abril ás 17:00h no Colexio Público da localidade.

Posted by Bng Carnota on Mércores, 15 de Abril de 2015



Asemblea veciñal de Quilmas
A veciñanza de Quilmas, Panchés e A Curra terán a súa Asemblea Veciñal o domingo 26 de abril ás 19:00h na praza do pobo de Quilmas.

A veciñanza de Quilmas, Panchés e A Curra terán a súa Asemblea Veciñal o domingo 26 de abril ás 19:00h.

Posted by Bng Carnota on Mércores, 15 de Abril de 2015



Asemblea veciñal da Carnota emigrada
Por primeira vez, a veciñanza natural do noso Concello que se atopa emigrada vai ter a palabra. A Asemblea Veciñal dirixida a todas e todos os carnotáns que están polo mundo será retransmitida en vivo por streaming por Youtube o domingo 3 de maio ás 18:00 horas, na páxina youtu.be/7KODecPjd7Y, para que calqueira persoa que desexe coñecer a xestión municipal do BNG estes catro anos ou participar con propostas no seu proxecto o poida facer independentemente de onde está fisicamente afincada.

Por primeira vez, a veciñanza natural do noso Concello que se atopa emigrada vai ter a palabra. A Asemblea Veciñal...

Posted by Bng Carnota on Mércores, 15 de Abril de 2015
Etiquetas: , , , , , , , , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: