AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

23/04/2015

A páxina do BNG de Carnota cumpre 10 anos

Comparte e opina:
A firme aposta do BNG de Carnota polas novas tecnoloxías para informar á veciñanza cumpre xa unha década. Un 24 de abril de 2005, ás 17:32h, colgamos na nova páxina www.bng-carnota.org esta mensaxe:
Benvidos ao blog do BNG de Carnota!
A través deste espazo dixital pretendemos dar conta das novas máis relevantes sucedidas no noso concello aos viciños e visitantes, e recoller as suxerencias, comentarios, opinións e críticas de todos aqueles que desexen axudarnos a crecer como organización, e a facer de Carnota un mellor lugar para todos e todas.
Unha aperta afectuosa
Daquela Internet estaba aínda moi lonxe de estar xa non en case todos os petos, senón na inmensa maioría dos fogares. Onde o había, a información alternativa consultábase en Vieiros e o máis social que existía eran os foros e as salas de chat. Nese contexto o BNG de Carnota necesitaba unha canle de comunicación coa veciñanza que estaba fóra, do mesmo xeito que A Moa, o noso voceiro local en papel, nos poñía en contacto directo coa veciñanza que estaba aquí. Asi, o que comezou sendo unha experiencia piloto para ir colgando cousas da vida política carnotá, foi gañando presenza e referencialidade, ata sumar hoxe 287 novas publicadas que recibiron máis de 126.600 visitas, e iso que o contador comezou a funcionar en xuño de 2010. Tamén é moi de destacar o seu papel de espazo de libre expresión, e nese senso a adición aberta e mesmo anónima de comentarios foi moi positiva, pois a veciñanza non atopa esta posibilidade en ningún outro medio.

O momento máis álxido da web foi cando en xuño 2011 apareciu publicado no agregador de novas Menéame a noticia de que o BNG reducira os soldos políticos un 82% con respecto ao anterior gobenro do PP, isto supuxo un pico histórico de 26 mil visitas só nese mes. Como curiosidade, a noticia publicada onte dando a coñecer a nosa candidatura sumou 1.850 visitas en 24 horas, o que constata que unha década despois o espazo dixital do BNG de Carnota segue tendo moi boa saúde.

Redeseño integral para agradecer a fidelidade da veciñanza

Moncho Noceda proba a nova páxina
Para agradecer a fidelidade de quen durante dez anos nos seguistes por este medio, o BNG de Carnota vai lanzar hoxe 24 de abril ás 17:32 horas (aproximadamente) o redeseño integral da nosa páxina, que será moito máis visual e adaptativo. Ademais por fin contaremos cun dominio Puntogal e a páxina pasará a estar tamén accesíbel desde o enderezo bng.gal/carnota. Do mesmo xeito a conta de correo electrónico para contactar con nós pasa desde este preciso momento a ser carnota@bng.gal.

O BNG de Carnota refresca deste xeito a súa histórica aposta polas novas tecnoloxías, dada a necesidade de contar con vías de comunicación propias e directas, sen intermediarios coa veciñanza. Esta aposta será ademais o preludio á revisión completa da presenza en Internet e nas redes sociais do Concello de Carnota que o BNG vai desenvolver na vindeira lexislatura se conta co respaldo veciñal suficiente para gobernar, coa creación dunha web de Turismo e outra do Museo Aberto (xa moi avanzadas), alén do propio redeseño integral da actual web municipal www.concellodecarnota.com, que contou desde a súa creación no anterior mandato con problemas de funcionamento.

Novas relacionadas

Primeira mensaxe de benvida publicada na páxina do BNG de Carnota o 24 de abril de 2005.
Etiquetas: , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: