AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

12/04/2015

O BNG oponse ao tanque que Gas Natural pretende levantar xunto o Colexio de Carnota e chama á veciñanza a unirse ás alegacións

Comparte e opina:
O BNG anuncia a súa oposición frontal ao proxecto que Gas Natural pretende levar a cabo en Carnota con aparente apoio da Xunta, cuxo prazo para formular alegacións comezou onte, e do cal concello e grupos non tiñan a menor constancia.

Membros do BNG acudiron ás dependencias administrativas na Xunta de Galicia en Monelos para solicitar copia de toda a documentación para informar á veciñanza do que parece ser a autorización provisional por parte da Xunta á instalación absolutamente temeraria dun tanque regasificador de Gas Natural a escasos de 60 metros da escola pública da localidade de Carnota, proxecto para o que acaba de abrirse un prazo de alegacións de 15 días.

Precisamente chama a atención que o proxecto omite a presenza nas inmediacións dun colexio infantil, o que fai sospeitar que foi redactado desde o despacho e sen poñer nin un só pe a zona para comprobar o que había ou non nas inmediacións. Sendo asi, tanto Concello de Carnota como BNG anuncian que van presentar alegacións esixindo que a empresa retire o proxecto ou busque outra localización para esa infraestructura, polo que facemos un chamamento a toda a veciñanza para unirse a estas alegacións.

Asemblea veciñal

O xoves 16 de abril ás 17:00h terá lugar no Salón de Actos do Concello unha Asemblea Veciñal para explicarlle aos veciños de Santa Comba de Carnota para explicar o proxecto, a posición do goberno e tamén escoitar as lóxicas demandas da veciñanza, e ofrecerlles a posibilidade de unirse ás alegacións que o Concello xa está preparando contra a ubicación dunha infraestructura destas características nun lugar tan absolutamente temerario coma pode ser o entorno dun colexio, o centro médico e boa parte dos servizos públicos con que conta o noso municipio.

Proxecto
O BNG de Carnota colga para consulta de toda a veciñanza o proxecto que obra nas dependencias administrativas da Xunta en Monelos.

Localización
En vermello, a parcela reservada no proxecto. En verde, o CEIP San Gregorio de Carnota.


Máis información e alegacións
Para poder participar nas alegacións, asiste á Asemblea Veciñal ponte en contacto co BNG en carnota@bng-galiza.org ou co concello en info@concellodecarnota.com.

Etiquetas: , , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: