AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

17/04/2015

Rexeitamento veciñal unánime ao proxecto de Gas Natural a carón do Colexio de Carnota

Comparte e opina:
Aspecto do Salón de Actos
O Salón de Actos do Concello de Carnota acolleu onte unha Asemblea Veciñal para explicar o alcance da infraestructura proxectada pola empresa Gas Natural con apoio da Xunta a escasos 60 metros do Colexio Público de Carnota, unha obra que parece feita, como temos denunciado, desde os despachos e sen poñer un só pe na zona.

Non fixo falta que transcurrira moito tempo de reunión para certificar o rexeitamento unánime da veciñanza presente no acto, que xa se adheriu decididamente ás alegacións que ten redactado o Concello para deter o proxecto, e que xa supera o medio centenar aínda que prevese que esta cifra sexa moi superior moito pois a veciñanza vai a distribuír copias das alegacións entre a xente que non puido asistir á reunión.

Quen o desexe pode descargar aquí as alegacións (PDF) que deberán asinarse con nome, apelidos e DI para parar este proxecto temerario e perxudicial para o futuro do noso concello, que son as nenas e os nenos. O escrito de alegacións deberase entregar ou ben nas dependencias municipais ou ben directamente na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, no enderezo que se sinala no escrito.

Etiquetas: , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: