AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

11/04/2015

PP e PSOE alíanse para evitar que o Concello se persone na causa do TSXG contra o seu ex-goberno por prevaricación

O pleno confirma o secreto a voces de que existe desde hai meses un pacto PP-PSOE de Carnota


Finalmente o PP e o PSOE sumaron os seus votos para evitar in extremis que o Concello de Carnota poida participar en defensa do seus intereses no caso que instrúe o TSXG contra os seus ex-mandatarios José Oreiro (ex-alcalde) e Marisol Piñeiro (ex-tenente de alcalde e actual deputada autonómica do PP). Co seu voto en contra baseado en repetir insistentemente argumentos que desde o goberno lle foron desmontados unha e outra vez, o portavoz do PSOE Suso Campos confirma o secreto a voces de que mantén desde hai meses un pacto co PP; el mesmo chegou a dicir publicamente que "se saco un chégame para gobernar"; o feito de non ter mantido ningún contacto neste senso co entorno do BNG anticipaba que si podría existir algún tipo de acordo tácito co Partido Popular que lles obrigou neste pleno a que en lugar de actuar en defensa dos intereses veciñais ou cando menos absterse para que o acordo plenario saíse adiante, decidiron antepoñer os intereses personais dos dous máximos dirixentes do PP. Finalmente, o resultado da votación foi BNG a favor (4), PP-PSOE en contra (5) polo que o Concello de Carnota non exercerá -polo momento- a acusación particular no xuízo do TSXG contra o ex-goberno por prevaricación na contratación.

Isto non sorprende a veciñanza e menos aínda ao BNG, pois en Carnota todos saben que desde o día seguinte das eleccións de 2011 comezaron os contactos entre PP e PSOE para un goberno conxunto. O verdadeiro escándalo é que se hai un pacto esté a fraguarse de espaldas á veciñanza e con nocturnidade e alevosía, pois se teñen todo o dereito do mundo a acadar acordos entre eles, o mesmo dereito ten o pobo de Carnota a coñecer o que apoiarán realmente dentro de pouco máis dun mes no caso de confiar o seu sufraxio a PP ou PSOE. Por outra banda, temos perfectamente claro que o espírito dese acordo non ten que ver con ningún programa político, senón que representa tan só o "reparto do pastel" a partir do 24 de maio; É dicir, a súa única preocupación é quen será o alcalde, cantas dedicacións haberá e por cantos cartos, a consolidación dos privilexios particulares no Concello que o BNG leva 4 anos tentando erradicar, e cuestións similares; nunca os intereses da veciñanza de Carnota.

O BNG de Carnota buscará revalidar a confianza veciñal cun proxecto serio, transparente, participativo, transformador e de fiar, que se debe unicamente aos intereses da veciñanza, e defendido por unha candidatura de xente que da a cara polas súas ideas e o seu pobo e non polos seus intereses particulares. Asi mesmo o BNG anuncia que o 24 de maio vai repetir o seu compromiso de 2011, cumprido ao milímetro durante estes 4 anos: se obtemos a confianza veciñal para continuar no goberno, só haberá unha dedicación exclusiva, a do alcalde, e nunca superior aos 2 mil euros brutos mensuais: Un soldo digno para o alcalde dun pobo digno.

O BNG agarda que o PP e o PSOE demostren ser igual de transparentes e lle conten á veciñanza que van facer realmente a partir do 24 de maio.

Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: