AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

11/05/2015

Carnota acolle mañá un acto nacional do BNG

Comparte e opina:
O BNG quixo que a Costa da Morte estivera no seu calendario de actos nacionais, polo que se achegará ao Concello de Carnota mañá martes 12 de maio ás 19:30h no Salón de Actos da Casa do Concello.

O acto estará presentado pola nº 3 da candidatura do BNG de Carnota Belén Campos, e contará coas intervencións de Begoña Pérez (que cos seus 19 aniños é a candidata máis moza da historia de Carnota), Cecilia Caamaño (nº 9 da candidatura), Iván Franco (nº 2 da candidatura), Xabier Vence (portavoz nacional do BNG) e finalmente Moncho Noceda, o noso candidato á alcaldía de Carnota.

O acto estaba convocado xusto cando a campaña acaba de dar un tombo ao coñecerse a imposición de cadansúa fianza de 10 mil euros aos dous candidatos do PP en Carnota José Oreiro e Marisol Piñeiro (concelleiros os dous e deputada autonómica do PP esta última), no proceso que o TSXG ten aberto contra eles por supostos delitos de prevaricación cando gobernaban Carnota, e sen que polo momento teñamos constancia da súa dimisión aos cargos públicos nin renuncia a continuar candidatados.
Etiquetas: , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: