AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

10/03/2011

O PP ameaza agora a Reserva Mariña de Lira, un exemplo para o mundo

Comparte e opina:
O BNG de Carnota súmase á preocupación amosada pola Confraría de Pescadores de Lira tras a supresión da vixiancia na Reserva Mariña dos Miñarzos, o que na práctica pode supoñer a súa sentenza de morte por deixar completamente desamparado un proxecto que foi noticia en todo o mundo e mesmo se está a exportar a outras latitudes.

Algunhas voces xa califican a idea de reservas sen vixiancia como reservas de papel, posto que ao carecer de efectivos para facer respectar as limitacións nestes espazos protexidos estas pasan a ser pouco menos que un brindis ao sol desde o 16 de marzo, cando finaliza o contrato que mantén o servizo de vixilancia ata agora financiado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Pesca. A Xunta segue sen dar sinais de vida.

O BNG de Carnota denuncia que unha iniciativa pioneira que partiu de Lira, Carnota e Galiza para o mundo non mereza o máis mínimo interese por parte dos gobernos "populares" de Carnota e de Galiza, que cada vez están máis alleados do interese xeral da cidadanía, e van a deixar morrer un proxecto que converteu as nosas costas nun verxel de especies de sumo interese científico, supuxo un revulsivo para o noso xa maltratado sector pesqueiro e converteu as nosas costas nunha fonte de interese internacional.

Anunciamos asi que apoiaremos as reivindicacións da Confraría de Pescadores de Lira, que agrupa os intereses de todo un sector de primordial importancia para as pequenas poboacións costeiras coma a nosa, e que van ser unha vez máis os que paguen as culpas dunhas políticas nefastas, fronte ás cales deben existir forzas coma o BNG que se posicionen inequívocamente ao lado dos intereses da xente.
Etiquetas: , , , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: