AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

26/03/2011

O BNG traslada ao Parlamento a preocupación de veciños e sectores polo futuro da Reserva Mariña de Lira

Comparte e opina:
Os deputados nacionalistas Bieito Lobeira e Carlos Aymerich rexistraron esta semana no Parlamento Galego un documento en defensa da Reserva Mariña dos Miñarzos (Lira), que xa puxemos en coñecemento da Confraría de Pescadores, no cal se pregunta polos recentes acontecementos que fan sospeitar que o futuro da Reserva non está entre as preocupacións dos gobernos da Xunta de Galicia nin tampouco do concello de Carnota, ambos en mans do PP a día de hoxe.

Despois de que durante semanas vivísemos unha grave ameaza á viabilidade da Reserva de Lira por mor da supresión da súa vixilancia, grazas á presión veciñal e política conseguiuse que ese servizo siga de momento, aínda que moi mermado con respecto á súa situación anterior pola importante redución do investimento. O BNG pregunta se isto ten que ver cunha eventual retirada do apoio á Reserva por parte da Consellería do Mar, e se iso á súa vez tería algo que ver coa suposta pretensión do alcalde de Carnota de importar ás nosas augas as infames xaulas de salmón.

O BNG esixe que a Consellería do Mar garanta a estabilidade financeira da Reserva a medio e longo prazo, pois isto é nin máis nin menos o que obriga a lei, evitando dunha vez estes vaivéns que enchen de intranquilidade as traballadoras e os traballadores do noso mar.

Pregunta parlamentaria do BNG



Novas relacionadas
Etiquetas: , , , , , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: