O BNG de Carnota renova a súa aposta polas novas tecnoloxías e anuncia a presentación dunha versión da súa páxina web m.bng-carnota.org especialmente adaptada para os dispositivos móbiles.
Nos máis de 6 anos de esforzo por achegar as posturas do BNG de Carnota á sociedade pola rede, viñemos constatando un exponencial incremento dos accesos desde móbiles Symbian (277), iPhone (137), Android (58), BlackBerry (6) ou mesmo iPod, que nin sequera é un móbil propiamente dito.
Co gallo de facilitar o acceso desde dispositivos que en moitos casos non consiguen reproducir axeitadamente algúns os contidos, xa sexa polas súas limitacións técnicas ou pola escasa velocidade de acceso a Internet dispoñíbel en Carnota, desenvolvemos esta nova versión móbil que alixeira e simplifica extremadamente a carga e a visualización de todos os contidos, e por suposto sen cercenar as opcións máis aprezadas polos nosos usuarios, como poden ser as imaxes ou a posibilidade de comentar libremente os artigos.
O BNG de Carnota agarda que esta iniciativa contribúa a achegar os nosos posicionamentos e propostas a máis veciños aínda, na liña de ampliar o noso compromiso cunha información transparente e sen intermediarios, tamén por internet, desde sempre e non só un mes cada catro anos, como practican as demais forzas políticas do noso municipio.
Podes acceder á páxina web do BNG de Carnota dende o teu móbil con este código QR:
O BNG de Carnota estrea a versión móbil da súa páxina
Publicado ás 20:55h, en orgánica bng, redes | Ver
Novas relacionadas
0 comentarios:
Assinar:
Postar comentários (Atom)






Postar um comentário
Déixanos aqui os teus comentarios.