AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

02/03/2011

Un experto do BNG explica en video a Lei de Augas

Comparte e opina:
Gonzalo Castro, asesor xurídico do BNG, explica o contido da Lei de Augas de Galiza, unha norma aprobada en solitario polo PP no Parlamento Galego que mesmo triplicará o que a xente ten que pagar pola auga. A lei é especialmente inxusta para a xente do rural galego, pero para que resulte máis "dixeríbel" o PP prevé aplicala en toda a súa dimensión só unha vez pasadas as eleccións municipais, para intentar minimizar o previsibel desgaste para os seus candidatos en vilas e cidades.



Convidámosvos a velo, nomeadamente a aquelas e aqueles que non tivérades a oportunidade de asistir ás charlas informativas que desenvolviu nas últimas semanas o BNG de Carnota no Pindo, Carnota, Lariño, San Mamede, Caldebarcos ou Mallou., durante os que explicamos a Lei polo miúdo, respostamos todas as vosas dúbidas e distribuimos copias da nova normativa aprobada polo PP entre as comunicades de augas e tamén quen no-la solicitara.

Etiquetas: , , , , ,

Hai unha opinión.

  1. Grazas de novo por explicar polo miudo este novo invento en forma de Reglamento Autonómico. Agradécese que teñades actualizado o Blog. De novo estamos diante dunha cacicada ou alcaldada máis do pp de Galicia. Unha de Tantas. Parece mentira que pese ao mal que o fan, Feijoo e os seus secuaces ( bos exemplos son as medidas adoptadas sobre as Galiescolas, ou o Decretazo sobre o idioma), non haxa verdadeiramnete un opositor, e o PPG creza en confianza e voto sen medida. Nin Patxi Vázquez nen tan siquera Gillerme Vázquez,que deu unhas charlas recentemente por Santiago as cales acudín, parecen ser os idóneos para un cambio en Galicia. Esperemos que os mozos e mozas nos encarguemos desa empresa. Un saúdo

    ResponderExcluir

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: