Seguindo coas sorpresas, temos unha gran incorporación da que o BNG de Carnota está especialmente orgulloso por todo o que representa: no nº 7, preséntase Nicola Lurie Mitchell, veciña de Quilmas (O Pindo) que leva moi pouco tempo afincada no noso Concello, pois é
natural de Poole, unha cidade costeira sita ao sur de Inglaterra. De feito é a primeira vez, que saibamos, que unha persoa non orixinaria de Galiza se presenta ás Eleccións Municipais en Carnota.
A súa paixón por viaxar, ensinar e os deportes acuáticos (sobre todo o surf) levouna a coñecer Galiza, elixindo para afincarse coa súa familia o porto de Quilmas, onde atopou axiña o seu lugar. Neste breve pero intenso tempo Nicola puxo en marcha a fermosa iniciativa Sea Change Experience que combina experiencia turística e inmersión lingüistica; é dicir, aprender inglés ao tempo que se coñece Carnota e Galiza. Tan rápida foi a súa integración en Quilmas e O Pindo que xa participa na asociación empresarial carnotá ACEP, e mesmo protagonizou o xa famoso video turístico de Carnota "O Legado", papel que lle viña ao dedo pois a historia que se narra no video é moi parecida á súa, a dunha familia que chega a Carnota a pasar un tempo mais que acaba facendo dela o seu fogar.
Por todo o que significa o exemplo de que unha persoa de fóra aposte por Carnota para fixar o seu lugar de residencia e traballo nuns tempos nos que a fixación poboacional é máis necesaria que nunca, cremos que esas persoas teñen moito que decir a respecto da vida política do municipio. Porque Carnota tamén é súa.
- Portada
- A Moa
- Última
- Arquivo
- A Moa1 (feb/96)
- A Moa2 (abr/96)
- A Moa3 (xul/96)
- A Moa4 (out/96)
- A Moa5 (dec/96)
- A Moa6 (abr/96)
- A Moa7 (xul/96)
- A Moa8 (out/97)
- A Moa9 (nov/97)
- A Moa10 (dec/97)
- A Moa11 (mar/98)
- A Moa12 (ago/98)
- A Moa13 (nov/98)
- A Moa14 (xan/99)
- A Moa15 (mar/99)
- A Moa16 (mai/99)
- A Moa17 (mar/00)
- A Moa18 (nad/01)
- A Moa19 (mai/03)
- A Moa20 (pri/04)
- A Moa21 (pri/04)
- A Moa22 (inv/05)
- A Moa23 (pri/07)
- A Moa24 (pri/08)
- A Moa25 (pri/08)
- A Moa26 (pri/08)
- A Moa27 (ver/08)
- A Moa28 (inv/08)
- A Moa29 (EG2009)
- A Moa30 (out/10)
- A Moa31 (pri/10)
- A Moa32 (ver/10)
- A Moa33 (ver/13)
- A Moa34 (EM2015)
- A Moa35 (set/18)
- A Moa36 (EM2019)
- A Moa36 (ver/19)
- A Moa37 (pri/22)
- A Moa38 (pri/23)
- Novas
- Por localidade
- Por temática
- Actualidade municipal
- Asuntos sociais
- Calamidade
- Comarca
- Comunicado
- Costa
- Cultura
- Debate
- Deporte
- Deputación
- Economía
- Emprego
- Ensino
- Estado
- Estudos
- Goberno
- Industria
- Lecer
- Medio ambiente
- Mocidade
- Muller
- Nacional
- Obras
- Opinión
- Orgánica do BNG
- Patrimonio
- Pesca
- Pleno
- Programa
- Proxectos
- Redes
- Sanidade
- Servizos públicos
- Turismo
- Urbanismo
- Xunta
- Eleccións
- Galiza Nova
- Nós
Hai 0 opinións.
Publica a túa!