AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

08/04/2019

O BNG conclúe as Asembleas veciñais que servirán para elaborar o Programa

O domingo terá lugar un último encontro coa Carnota emigrada

Desde a exitosa presentación de Milucho Louro en xaneiro, o BNG de Carnota está a toda máquina e leva a desenvolver desde hai pouco máis de 2 meses asembleas veciñais por todas as parroquias e lugares do noso Concello, con obxecto de explicar a acción de goberno desenvolvida durante estes 4 anos, recoller todas as propostas e ideas que formarán parte do noso Programa de Goberno 2019-2022, e por suposto presentar en sociedade ao noso flamante candidato á alcaldía Milucho Louro.

Desde a primeira asemblea, celebrada o 2 de febreiro en Lariño, ata a última celebrada onte mesmo en Mallou, tiveron lugar nada menos que 13 reunións, pasando tamén por Lira, Carnota, San Mamede, Caldebarcos e Panchés, A Montaña, Louredo, Canedo, Quilmas e A Curra, Pedrafigueira, Cornido e O Pindo. A isto tamén temos que sumar a participación a través da nova app do BNG, os encontros mantidos con diversos axentes sociais e culturais do municipio, asi como coa patronal carnotana ACEP, renovada e moi activa nos últimos anos.

Asemblea veciñal coa Carnota emigrada

Para poñer a guinda a esta serie de encontros tan produtiva, que confirma o acerto da aposta do BNG de Carnota pola participación veciñal, celebraremos un último encontro moi especial, dirixido á veciñanza da sexta parroquia: a da Carnota emigrada. Será a través dun directo online na activa páxina de Facebook do BNG de Carnota, o vindeiro domingo 14 de abril ás 18:00 horas.

Con esta iniciativa trataremos de facilitar que calquera persoa que non esté fisicamente en Carnota pero a leve dentro, poida coñecer as nosas propostas, facer as súas, e coñecer ao noso novo candidato, independentemente do sitio do mundo no que se atope. Agardamos que este encontro virtual sexa do agrado e sobre todo do aproveitamento da nosa ampla parroquia externa, que queremos que forme parte deste novo proxecto do BNG de Carnota, pois tamén está pensado por e para ela.
Etiquetas: , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: