AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

01/04/2019

Belén Campos, nº 2 do BNG de Carnota

Xa case toda a veciñanza coñece ao noso novo candidato Milucho Louro, polo que agora é tempo de presentar o seu equipo. Comezamos coa nº 2, Belen Campos Diaz, veciña de Caldebarcos coñecida por todos e todas coma Belén da Cregha, facendo honra á súa familia e á súa casa, un dos locais de hostalería máis coñecidos do noso municipio.

Activista veciñal, dedicou toda a súa vida ao mundo da cultura, dinamizando Carnota ben desde o tecido social ben desde o Concello, antes como traballadora e agora coma concelleira delegada das áreas de Cultura e Normalización Lingüística.

Simpatizante nacionalista de sempre, Belén sumouse por primeira vez ao BNG de Carnota na candidatura municipal de 2007, e pouco despois fíxoo tamén coma militante. Pola súa inmensa capacidade política e compromiso elíxímola responsábel local, cargo orgánico que obstentou ata 2017, e baixo o que logramos non só recuperar a alcaldía senón conseguir o maior nivel de apoio para o nacionalismo carnotán en tres décadas.

Malia o seu importantísimo papel interno, non sería ata 2015 que Belén ocupou un posto de saída na candidatura nacionalista de Carnota, coa que se conseguiu a maioría absoluta; nesa nova etapa demostrou sobradamente a súa enorme capacidade de traballo tamén no goberno, resultando ser indiscutibelmente a «concelleira revelación» do executivo liderado por Moncho Noceda. Ese traballo é o que agora recoñecemos cun máis que merecido 2º posto na nova candidatura de Milucho.

Mentras se atopa de merecida viaxe de descanso por outras latitudes, quixemos dedicarlle esta entrada a modo de recoñecemento e agradecemento a unha compañeira infatigábel á que, cando lle preguntamos que foto quería que usáramos, nos pediu por favor que puxéramos unha con «Padrino», o noso queridísimo Domingo Martínez Beiro, o Gino, quen está a loitar por superar o que seguramente sexa o reto máis grande da súa vida, e mira que ten afrontado moitos. A el vai dedicada tamén esta entrada.

A rolda de Asembleas veciñais enfila a recta final esta fin de semana

O BNG de Carnota completará esta fin de semana no Pindo e Mallou a rolda de asembleas veciñais que vén desenvolvendo cada fin de semana en todos os lugares do municipio para realizar a dación de contas da xestión municipal estes catro anos, recoller as novas achegas e propostas ao Programa de Goberno 2019-2022, e presentar ao novo candidato Milucho Louro.

Estes 12º e 13º encontros veciñais terán lugar, respectivamente, o sábado 6 abril as 19 h no Colexio Público do Pindo, e o domingo 7 abril as 19 h no local veciñal de Mallou. A maiores prevese realizar un encontro virtual online, vía streaming, coa veciñanza emigrada e que tamén terá un papel importante na campaña do BNG de Carnota.
Etiquetas: , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: