AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

14/04/2019

A solidariedade ateiga o Porto de Lira en defensa de Manuel de Talelo

Comparte e opina:

Unhas mil cincocentas persoas chegadas de todos os puntos do Concello e da comarca ateigou está tarde a explanada do peirao de Portocubelo para expresar a súa solidariedade con Manuel Antonio Martínez Lustres e a súa familia e esixirlle ao goberno español o indulto para que o seu ingreso en prisión, que se prevé inminente, finalmente non chegue a producirse.

Neste día o protagonismo foi enteiramente da familia, de quen exerciu a portavocía no acto Miguel de Lira, familiar do veciño condeado, e do sector, que estivo representado polos patróns maiores de confrarías de Lira, O Pindo, Camelle ou Ribeira, ademais dos actuais presidentes das Federacións galega e coruñesa. Todos eles recibiron o cariño e apoio dun pobo absolutamente volcado coa causa de Manuel que saiu masivamente á rúa a pesar do mal tempo.

Desde o BNG de Carnota queremos trasladar novamente tanto a Manuel coma á súa familia, e poñernos á súa enteira disposición para o que precisen, como fixemos desde o primeiro momento. Agardamos que coa sensibilización social iniciada logremos mellorar a difícil situación que atravesa.

Nese sentido, a iniciativa presentada polo BNG no Parlamento para que solicite ao goberno o indulto de Manuel sumáronse tamén ás do PP, PSOE e Marea, co cal a súa aprobación prevese segura.
Etiquetas: ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: