AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

21/05/2019

A infancia, o mellor tesouro de Carnota, xa é e seguirá sendo a dona do seu futuro

Comparte e opina:
Milucho Louro no I Foro de Debate organizado por esta pioneira entidade xuvenil.
Se algo logrou demostrar o executivo municipal de Carnota todos estes anos é que para o BNG a mocidade é algo máis que unha consigna á hora de facer campaña para tentar quedar ben cada catro anos; a nosa convicción é que hai que darlle a voz á infancia, pois é a verdadeira depositaria do futuro do noso Concello e da nosa nación; ao facelo descubrimos ata que punto saben perfectamente o que queren e como conseguilo.

Por iso o BNG puxo en marcha no pasado mandato o I Plan Municipal de Infancia e de Adolescencia (2018 – 2021), que deu como principal froito o nacemento do Consello Municipal da Infancia e da Adolescencia, un organismo que vén a funcionar coma un executivo municipal "paralelo" conformado integramente por nenos e nenas do municipio. O BNG apostará por darlle plena autonomía para debater os seus problemas, tomar as súas decisións e mesmo dispoñer dun pequeno orzamento que poden destinar aos seus proxectos; é dicir, tratamos de facer que a mocidade sexa un suxeito activo e participativo na vida municipal e non un mero espectador das dinámicas estabelecidas polas persoas adultas.

O gran dinamismo desta entidade xa se ten demostrado recentemente coa organización do I Foro de Debate, no que a mocidade convidou aos candidatos á alcaldía a debater ante eles, e a expoñerlle os seus problemas e a consensuar solucións. Tamén podedes seguir o seu blog aqui.

A iniciativa pioneira posta en marcha por Carnota por e para a súa mocidade xa foi recoñecida por UNICEF, que declarou o noso municipio "Cidade amiga da infancia".


Etiquetas: , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: