AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

20/05/2019

Apostamos pola mellora das praias do noso Concello mediante un plan integral

Comparte e opina:
Praia de Boca do Río, unha das máis fermosas e concorridas do municipio (fonte: Flickr de Irene Serrat)
O BNG de Carnota repasa as súas principais apostas programáticas para seguir explorando as potencialidades do noso Concello. Entre elas, unha das que será obxecto de maior atención no caso de revalidar o equipo de Milucho Louro o goberno municipal, serán as praias, un dos maiores atractivos do noso Concello. O noso municipio conta con case medio cento delas, moitas delas practicamente virxes, e somos conscientes que cun repertorio tan amplo non sempre dispoñen dos servizos que veciñanza e visitantes demandan.

Máis e mellores servizos para veciñanza e visitantes

Por iso, o BNG activará un Plan integral de mellora de servizos das praias máis concorridas e populares do municipio, nas cinco parroquias. Estes areais de cabeceira acollerán unha serie de atencións, mellorando os seus accesos e pasarelas (no seu caso), ampliando a rede de duchas, e dotando tamén de aseos públicos todas elas, cando menos nas tempadas de maior afluencia. Asi mesmo, seguirase avanzando na mellor organización do tráfico rodado nos accesos e os estacionamentos.

Sinalización multilingüe e mellorada

Exemplo do novo panel sinaléctico
O BNG desenvolverá tamén unha significativa mellora da sinalización dos areais, que explicarán en sete idiomas (galego - portugués, español, euskara, catalá, inglés, francés e alemán), ademais da toponimia normalizada do areal, os servizos dos que dispón a praia e as súas proximidades, as recomendacións para o seu uso responsábel e seguro, os teléfonos municipais e de emerxencias, etc.

Eliminar o problema das autocaravanas

Outro dos esforzos que desenvolverá o executivo de Milucho será para resolver un dos principais problemas que vivimos nos nosos areais nos últimos anos: o da presenza masiva de autocaravanas estacionadas irregularmente nas cabeceiras das praias. Neste sentido, a próxima posta en marcha de novas áreas de autocaravanas agarda aliviar a presión deste tipo de turismo nos aparcadoiros dos areais.

Garantir a convivencia entre persoas, fauna natural e mascotas

Por outra parte o goberno estudará a posibilidade de habilitar praias específicas menos frecuentadas ou zonas acotadas das principais para a presenza de mascotas nos horarios de maior uso dos areais na época estival, onde o actual goberno se viu na obriga de estabelecer prohibicións en cumprimento da lexislación vixente.
Etiquetas: , , , , , , , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: