AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

09/05/2019

O BNG denuncia a campaña suxa que desenvolven militantes do PSOE contra o noso candidato

Comparte e opina:

Unha situación límite que chega ao extremo de asediar a persoas que apoian publicamente ao BNG

O BNG de Carnota vese na obriga de facer un alto na por outra parte ilusionante carreira para levar a Milucho Louro e o seu equipo ao goberno de Carnota, e desgrazadamente por causa das accións de persoas que participan da vida política do noso municipio. A razón non é outra que a campaña suxa que desde hai varios meses están a desenvolver persoas de significada pertenza ao PSOE de Carnota, baseada en divulgar mentiras e falsidades sobre a saída de Milucho Louro do que foi o seu centro de traballo durante 26 anos, a Confraría de Pescadores de Lira, episodio sobre o que ata agora o novo alcaldábel decidira non pronunciarse publicamente.

Durante os meses conseguintes á proclamación de Milucho Louro como novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota, estas persoas comezaron a divulgar publicamente en calquera foro (mesmo bares e tabernas) unha versión absolutamente deformada de como se tería producido esa saída, chea de descalificacións e difamacións de carácter inxurioso destinadas a poñer en cuestión a indiscutida e probada, como veremos, honradez do noso candidato. Honradez que en todo caso se viu acrecentada coa súa decisión de non respostar ás provocacións, agardando que estas persoas ou o propio PSOE depuxeran esta actitude que fala peor de quen a exerce que de quen pretenden acusar falsamente.

Á vista de que esta guerra sucia lonxe de minguar aínda medra na proximidade da cita electoral, cremos que é o momento de aclarar a verdade sobre a saída de Milucho e ao mesmo tempo denunciar esta estratexia electoral bochornosa que o PSOE non só non condea senón que parece alimentar. De feito, a sensación de impunidade destas persoas é tal que chegan ao extremo de atacar a veciños e veciñas que publicamente expresan a súa simpatía polo proxecto do BNG de Carnota ou incluso polo simple feito de compartir ou darlle a "Gústame" en redes sociais ás nosas publicacións.

O BNG alerta das gravísimas consecuencias que poden ter estas condutas inxuriosas e antidemocráticas para as propias persoas que as desenvolven, e de feito xa acopiou capturas de pantalla e declaracións de testemuñas que acreditan a gravidade desta situación.

Capturas de pantalla (fonte: Facebook)

A única (e documentada) verdade sobre a saída de Milucho da Confraría

Ante as desinformacións que algúns tentan verter sobre o noso candidato, e sobre as circunstancias en que se produciu a súa saída do que foi o seu posto de traballo durante 26 anos, o BNG de Carnota quere deixarlle claro á nosa veciñanza como foi este proceso e así poder deixar atrás definitivamente este episodio tan desagradábel para centrarnos en traballar no futuro en positivo e basear a nosa campaña, como sempre, en explicar o que se fixo e o que faremos a partir de maio no noso Concello, no caso de renovar a confianza da veciñanza de Carnota cun terceiro mandato consecutivo. Con estas informacións agardamos disipar calquera dúbida sobre unha persoa que sempre se comportou coa máxima lealdade e profesionalidade, que se revelou como un magnífico xestor comprometido cos seus proxectos colectivos, e por iso mesmo o escollemos como novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota.

No ano 1989, e despois de pasar por un proceso selectivo, a Confraría de Pescadores de Lira contratou ao veciño de Lariño Emilio Louro como lonxeiro. Daquela a Confraría reducíase a unha pequena lonxa cunha oficina (o actual local social da AC Canle de Lira), cun peirao que era a metade do que hoxe coñecemos.

Pouco a pouco Milucho foise convertendo na persoa de confianza que lideraría a transformación que convertiría á Confraría de Lira nunha das máis populares de Galiza, cun dinamismo e unha dotación de infraestructuras impensabél para unha confraría desas dimensións.

Xa elixido secretario da Confraría, Milucho foi participe dunha serie de proxectos, traballando arreo, da man dos distintos Patróns Maiores, que fixeron de Lira a referencia para outros portos e confrarías, sendo esta a primeira en presentar e levar a cabo o Plan de Desenvolvemento Pesqueiro do Porto de Lira, primeiro aprobado pola Consellería de Pesca, dentro do Plan de Portos de Galicia no ano 2003, e que outros portos galegos tomaron como referencia.

A transformación dun pósito irrecoñecíbel

A primeira obra de gran importancia levada a cabo durante a súa etapa na confraría foi o peirao de atraque, e a rampa nova; cómpre lembrar que con anterioridade ao 1989 tan só existía un dique de abrigo e a antiga rampa. Pero esta non foi nin moito menos a única mellora:
  • Ampliación do dique de abrigo
  • Construcción de local da confraría e casetas de usuarios
  • Construcción da lonxa nova
  • Dotación de servizo de cámaras frigoríficas
  • Dotación de servizo de suministro de combustible
  • A Confraría converteuse en pioneira na comercialización por internet (Lonxanet Directo SL) xunto con outras tres confrarías, a catástrofe do Prestige impideu que este proxecto non tivera continuidade.
  • Pioneiros no desenvolvemento do proxecto de Turismo Mariñeiro “Mardelira” que se converteu en referencia nacional e internacional, e que non poido ter a continuidade desexada pola falta dunha lexislación clara para levar a cabo a actividade con garantía por parte do sector pesqueiro.
  • Creación da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro “Os Miñarzos”
  • Participación en distintos eventos promocionando os productos pesqueiros de Lira, reiteradamente o polbo, e que finalmente, grazas a súa insistencia e participación activa no seo do Grupo de Acción Costeira, consigueu levar adiante o proxecto de comercialización Polbodelonxa, proxecto que está facendo posible en boa medida a recuperación económica da confraría na actualidade e a súa supervivencia.
  • Participación en distintos proxectos europeos coa finalidade de acadar un financiamento externo que posibilitara a continuidade da confraría polas escasas vendas en lonxa e a chegada da crise económica. 
  • No último proxecto liderado pola confraría deixou en caixa 195.000€ que axudaron a paliar en parte a débeda da confraría, unha vez liquidadas as xustificacións económicas dos socios europeos e galegos.

Os recortes, a falta de vendas en lonxa e o impago de cotas arrastra a Confraría a unha situación crítica

Tras moitos anos de avanzos e éxitos, recoñecidos mesmo a nivel Internacional, a Confraría de Lira entraría no seu momento máis crítico, primeiro co desastre do Prestige que acabaría co proxecto Lonxanet e logo ca chegada da crise que afectaría gravemente a familias, empresas, institucións e por suposto ás confrarías que vían como as Administracións Públicas practicamente eliminaban as subvencións e axudas, e ao mesmo tempo se reducían os ingresos derivados das vendas en lonxa e do pago das cotas dos socios; é dicir, fallan as tres únicas vías de financiamento que ten calqueira confraría.

Os principais e clarísimos damnificados por esta situación foron os propios traballadores, que entraron nunha situación de impago dos seus salarios e aceptan unha Regulación de Emprego, a fin de minimizar os gastos salariais da confraría, cuxos impagos supoñían xa a súa maior débeda.

A principal débeda da confraría era cos seus traballadores, e a 3ª parte da mesma era co propio Milucho

Milucho pon en marcha un novo proxecto profesional con éxito e non reclama o que se lle adebeda esperando que a situación na Confraría mellore. Sen embargo, por parte dos novos xestores do pósito comenzan os rumores, falsidades e insultos que se divulgan sobre a súa persoa, e que Milucho sempre rexeita contestar. A isto súmase o incumprimento do acordo verbal ao que chegara coa Confraría, de irlle pagando os salarios que lle debían pouco a pouco según fose mellorando a situación da Confraría.

Despois de esperar tres anos sin que houbese nin o máis mínimo xesto de achegamento ou comprensión pola situación dramática na que se vira envolto, senón todo o contrario, e chegado a este punto, Milucho decide activar a reclamación do que se lle adebeda pola vía xudicial, como faría calqueira traballador con meses de salarios impagados.

A falta de tan só unha semana para o xuizo, membros da Confraría póñense en contacto con Milucho e chegan a un acordo comprometéndose a pagarlle 27.359€ a razón de 600€ ao mes:


Este é o único documento legal que existe referente á saída de Milucho da Confraría, e o único que vén a acreditar é o recoñecemento por parte da Confraría dos impagos. Durante os distintos encontros veciñais que celebramos nos últimos meses polos lugares do concello aclaramos este e outros temas co noso candidato, coas probas na man, e quedamos sempre ao enteiro dispor da veciñanza para calqura nova explicación e que non quede a máis mínima dúbida ao respeito. Por desgraza ás persoas que difaman e inxurian non lles interesa en absoluto a verdade ou as probas, senón soamente facer dano e lixar a imaxe dunha persoa honrada para rabuñar uns poucos votos.

Escolma nos medios sobre a etapa de Milucho Louro na Confraría 

Etiquetas: , , ,

Hai 5 opinións.

  1. Ben falado! Xa estou farto de escuitar ao Moma a Mariano e demais recoa estas trapalladas. Será que non teñen nada mellor que contarlle á xente, penoso! Parabéns e adiante Milucho, es o único proxecto sensato para Carnota é tes o meu apoio!

    ResponderExcluir
  2. Buf se eu vos contará! Pensa o ladrón...

    ResponderExcluir
  3. ladran, pois cabalgamos, nin caso. ben desesperados deben andar

    ResponderExcluir
  4. Mensaxe tranquilizadora desde logo, a verdad que xa un tiña dúbidas. O tempo porá a cada un no seu sitio.

    ResponderExcluir
  5. O vergonzoso é escoitar ao Moma negar que sexa o PSOE quen fala merda cando el mismo o dixo polos bares.

    ResponderExcluir

Axenda de campaña

Venres 10 de maio

  • 19:00 h. Acto público de apertura de campaña en Quilmas, dirixido á veciñanza de Quilmas e A Curra
  • 20:00 h. Acto público en Panchés

Sábado 11 de maio

  • 18:30 h. Acto público no Viso
  • 20:00 h. Acto público en Caldebarcos

Domingo 12 de maio

  • 19:00 h. Acto público en Carnota
  • 20:30 h. Acto público en Pedrafigueira

Venres 17 de maio

  • 19:00 h. Acto público na Montaña
  • 20:30 h. Acto público en Cornido

Sábado 18 de maio

  • 18:30 h. Acto público en Canedo
  • 20:00 h. Acto público en Louredo

Domingo 19 de maio

  • 18:30 h. Acto público en Lariño
  • 20:00 h. Acto público en Mallou, dirixido á veciñanza de Mallou e Maceiras

Martes 21 de maio

  • 12:20-14:00 h. Debate radiofónico en Radio Nordés

Xoves 23 de maio

Venres 24 de maio

A nosa candidatura

  1. Emilio Louro Lamela, “Milucho”
  2. Belén Campos Díaz
  3. Manolo Souto Barreiro
  4. Pilar Tubío Lariño
  5. Iván Franco Caamaño
  6. Susana Riveiro Siaba
  7. Nicola Lurie Mitchell
  8. Jorge Fiuza Barreiro
  9. Cecilia Caamaño García
  10. Jesús Manuel Caamaño Caamaño, "Chuchú"
  11. Ramón Noceda Caamaño
  12. Suplentes
  13. Marupe Armendáriz Villar
  14. Cándido Caamaño Lado, “Marcelino”
  15. Fátima Dosil Caamaño
  16. Marisa Agulleiro Malvarez
  17. Marcelino Saborido Lago, “Marcelo”
  18. Agustín Lamela Caamaño, “Curral”
  19. María Socorro González Otero
  20. María Manuela Núñez Garcia
  21. Iago Maceiras Dosil
 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: