AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

24/05/2019

Carnota porá en valor o Olimpo Celta e as súas «cabaseiras» con cadanseu Centro de Interpretación

Comparte e opina:
Se hai algo que se botou en falta sempre en Carnota foi a ausencia de centros de interpretación para a musealización e posta en valor do seu amplísimo patrimonio histórico, natural e etnográfico. Se ben, no primeiro caso, a posta en marcha neste mandato do Museo Aberto de Carnota supuxo un importante avanzo, seguimos sen contar con espazos físicos onde coñecer a ampla diversidade natural e cultural do Concello.

Pois ben, de continuar o BNG no goberno, Carnota non contará con un senón con dous Centros de Interpretación: un centrado nos valores naturais e xeolóxicos do Monte Pindo e outro dedicado ao riquísimo patrimonio etnográfico, centrado nos hórreos que son un dos nosos sinais de identidade.

Fermosa panorámica desde o Monte Pindo coa praia de San Pedro do Pindo debaixo (cc)

O Centro de Intepretación do Monte Pindo fará xustiza á falta de investimentos públicos neste espazo

O Monte Pindo, xoia da coroa de Carnota, supón un grandisimo recurso e polo de atracción que, correctamente xestionado, podería converterse non só nun motor para Carnota, senón de toda a Costa da Morte. Sobra enumerar os valores que o fan merecedeiro de atención, mais desgrazadamente o organismo responsábel da súa xestión, a Xunta de Galicia, preferiu -desde que a goberna o PP- abandonalo.

Desde o goberno de Carnota fíxose todo o posíbel por obter compromisos por parte da Xunta con este espazo, pero nunca nada vemos máis alo de declaracións de intencións, e moito menos a necesaria declaración deste espazo como parque natural, figura que garantiría á zona un orzamento anual, proxectos e persoal propios.

Porén, Carnota non pode permanecer impasíbel ante esta desatención. Por iso o BNG fará todo o que está dentro das súas posibilidades para protexer e potenciar este noso tesouro. Por iso na vindeira lexislatura declararase ENIL (Espazo Natural de Interese Local), máximo recoñecemento que un municipio pode promover para un espazo natural.

Sen embargo este recoñecemento non pode limitarse ao papel, senón que irá acompañado de medidas coma a posta en marcha do Centro de Interpretación do Monte Pindo, o primeiro centro dedicado ao mítico macizo carnotán que albergará paneis informativos sobre os seus valores e rutas, unha biblioteca especializada e unha pequena colección arqueolóxica visitábel.

Malia que os de Lira e Carnota eclipsan ao resto, temos máis de 800 hórreos de magnífica factura, coma este en Panchés (cc)

Carnota conta con máis de 800 hórreos e varios dos conxuntos etnográficos máis espectaculares do País

Outra vella demanda veciñal é a posta en marcha dun Centro de Interpretación dos Hórreos, centrados principalmente nesta xoia da arqueoloxía popular galega con centos de variantes, pero que tamén terá cabida para o coñecemento e estudo doutras mostras de patrimonio cultural coma os muíños, pombais, pontes, fontes, pousadoiros, calzadas, etc... en definitiva, todo aquelo que conformou a nosa idiosincrasia coma pobo e do que temos que sentirnos orgullosos.
Etiquetas: , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: