AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

22/05/2019

Carnota estreará nesta lexislatura o seu cámping

Comparte e opina:
Tras O Pindo e Lariño, chegou o momento de explicar a proposta ⭐ estrela do noso Programa para a parroquia de Carnota.

Carnota acollerá un cámping de titularidade municipal que servirá para mellorar o seu conxunto monumental
Para Carnota temos previsto un gran proxecto, que se está a xestionar xa polo goberno en coordinación con outros axentes sociais, para a creación dun cámping semiurbano de titularidade municipal proxectado preto do conxunto privilexiado integrado polo hórreo de Carnota, o máis famoso de Galiza, igrexario, rectoral e pombal de Carnota.

Con esta actuación resolveranse varios problemas: porá en valor un amplo espazo inutilizado, e dotará ao noso municipio finalmente do seu arelado cámping, unha vella demanda histórica que por distintos motivos nunca puido poñerse en marcha.

A iniciativa signficará a creación de varios postos de traballo, axudará a desestacionalizar o turismo e parte dos seus beneficios reinvertiranse en actuacións de recuperación e conservación do patrimonio monumental do igrexario, incluíndo o seu magnífico e celebérrimo hórreo que perdeu hai meses parte da súa cuberta.
Etiquetas: , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: