AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

23/05/2019

Lira acollerá un Viveiro de Empresas

Comparte e opina:
A seguinte proposta ⭐ estrela do noso Programa tras O PindoLariño e Carnota será en Lira.
O Viveiro de Empresas multiplicará as oportunidades para emprender en Carnota (Imaxe: Edita Cambeiro)
Trátase dun proxecto innovador que vimos madurando desde aproximadamente 2016: o Viveiro de Empresas de Carnota é unha instalación municipal de carácter público que se radicará en Lira e que permitirá ao Concello ofrecer nunhas condicións moi vantaxosas un espazo a aquela xente emprendedora que teña unha idea para poñer en marcha un negocio no noso Concello, ou queira redimensionar a iniciativa que xa teña creada.

Pero o Viveiro non só suporá un local totalmente equipado e conectado, cos principais servizos comúns mancomunados; tamén conlevará o apoio e o asesoramento empresarial e financieiro ás persoas que aposten por Carnota e polo rural galego á hora de emprender.

Agardamos que coas grandes facilidades para a posta en marcha de novos proxectos empresariais ou cooperativos no noso municipio contribúan a acrecentar o dinamismo que xa está xerando o tecido empresarial carnotán desde a recente posta en marcha da ACEP, e a crear postos de traballo e fixar poboación, aliviando o problema de despoboamento que Carnota, como o resto do rural da Costa da Morte e Galiza, están a acusar.
Etiquetas: , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: