AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

21/05/2019

Lariño verá recuperado por fin o seu faro e o seu entorno

Coñecida a que preparamos para O Pindo, hoxe continuamos coas propostas ⭐ estrela do noso Programa de Goberno para o noso Concello pola parroquia de Lariño.

Moi pronto o aspecto de degradación que presenta o entorno do Faro de Lariño será historia
Un dos grandes proxectos do novo goberno, e que de feito xa está a piques de porse en marcha, é a recuperación intergral do entorno do Faro de Lariño, que pronto será recuperado por un proxecto hostaleiro, e tamén están a piques de iniciarse as obras de demolición do antigo campo de fútbol, que dará paso a un amplo espazo aberto para o goce deste espazo natural privilexiado.

Incluirá unha zona de lecer cunha zona para as autocaravanas, solucionando dunha tacada dous problemas do municipio: o estacionamento indiscriminado de autocaravanas nos nosos areais e o grave impacto visual das ruínas do campo de fútbol nesta paisaxe privilexiada.

Sen dúbida a recuperación deste espazo único, xunto co atractivo que xerará a posta en valor do Faro (vella reivindicación veciñal asumida desde hai anos pola plataforma Salvemos o Faro), suporá un antes e un despois para Lariño e para o resto de Carnota.
Etiquetas: , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 
  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: