AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

20/05/2019

A Fervenza do Xallas será visitábel pola beira de Carnota

Comparte e opina:
Iniciamos un repaso das propostas ⭐ estrela do noso Programa de Goberno para cada parroquia e que poden resultar máis ilusionantes e proveitosas para a veciñanza. Comezamos pola do Pindo.

Por fin o Coaduiro terá un fácil acceso pola beira de Carnota, creando un novo recurso turístico para O Pindo
Un dos proxectos contemplados no noso programa que máis nos ilusiona é a creación dun novo camiño ata a fervenza do Ézaro pola beira de Carnota.

Este magnífico fenómeno natural, único na Europa continental na que un río verte as súas augas no Atlántico en fervenza, nunca foi aproveitado apenas como recurso polo noso Concello pese a compartir a titularidade do espazo con Dumbría.

Con esta actuación, que combinará seccións de sendeiro de pe con pasarela de madeira, conseguiremos aproveitar tamén este recurso único que atrae cada ano a moitísimos milleiros de visitantes.

Agardamos que con esta actuación respectuosa co medio ambiente se cree un novo recurso turístico que poidan aproveitar os operadores do Pindo e do resto do Concello, e gozar tamén toda a veciñanza de Carnota que nunca visitou este fenómeno natural desde este punto de vista.
Etiquetas: , , , ,

Hai 2 opinións.

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: